Augusto FernándezO
Augusto Fernández | |||
---|---|---|---|
| |||
Información persoal | |||
Nome completo | Augusto Matías Fernández | ||
Nacemento | 10 de abril de 1986 (33 anos) | ||
Pergamino | |||
Nacionalidade | Arxentina | ||
Altura | 1,77 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Atlético de Madrid | ||
Número | 12 | ||
Carreira xuvenil | |||
2005 | River Plate | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
2006–2009 | River Plate | 80 | (3) |
2009–2010 | Saint-Étienne | 11 | (1) |
2010-2012 | Vélez Sarsfield | 76 | (18) |
2012–2016 | Celta de Vigo | 114 | (10) |
2016– | Atlético de Madrid | 16 | (0) |
Selección nacional | |||
2011– | Arxentina | 15 | (1) |
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 14 de maio de 2016 |
Augusto Matías Fernández, nado o 10 de abril de 1986 en Pergamino, provincia de Buenos Aires, é un futbolista arxentino que xoga na demarcación de extremo dereito. O seu equipo actual é o Atlético de Madrid.
Índice
- 1 Traxectoria
- 2 Palmarés
- 2.1 Club
- 3 Véxase tamén
- 3.1 Ligazóns externas
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Debutou profesionalmente co River Plate no ano 2006, na vitoria do club millonario ante Tiro Federal por 5-0. Dous anos despois, no 2008, o club de Buenos Aires proclamouse campión do trofeo Clausura baixo as ordes de Diego Simeone, e disputando Augusto 15 dos 19 encontros do campionato.
O 28 de agosto de 2009 foi cedido ao AS Saint-Etienne francés polo propietario dunha parte dos seus dereitos federativos, o empresario israelí Pinhas Zahavi. Porén non chega a ter continuidade no equipo francés polo que ao rematar a tempada volve a Arxentina.
O 9 de xullo de 2010, o Vélez Sarsfield mercou a totalidade dos dereitos do xogador por millón e medio de dólares. No seu primeiro ano na disciplina o club rematou subcampión do trofeo Apertura, xogando 12 encontros como titular. No trofeo Clausura do ano 2011 Vélez proclamouse campión, coa achega de Augusto de catro goles en 17 encontros disputados.
O 9 de agosto de 2012, Augusto fichou polo Celta de Vigo, recentemente ascendido a Primeira División.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Club[editar | editar a fonte]
- River Plate
- Primeira División da Arxentina (1): Clausura 2008
- Vélez Sársfield
- Primeira División da Arxentina (1): Clausura 2011
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Augusto Fernández ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina Oficial de Vélez Sársfield (en castelán)
- Perfil nunha base de datos (en italiano)
- Perfil nunha base de datos (en inglés)
|